PADERNE

UN LUGAR PARA VIVIR

 

I ANDAINA CONCELLO DE PADERNE

I SUBIDA A VILAVERDE (PADERNE)

 

ANO 2008 – I EDICIÓN

Data de celebración: Domingo 13 de abril de 2008.

Organiza: Concello de Paderne de Allariz

 

ANDAINA

SAÍDA ÁS 10:30 H

Distancia: 18 KM

CARREIRA

SAÍDA ÁS 11:30 H

Distancia: 11 KM

DADA A MASIVA PARTICIPACIÓN, E POR MOTIVOS DE ORGANIZACIÓN, A INSCRIPCIÓN ESTARA PECHADA A PARTIR DO VENRES 11 DE ABRIL AS 11 H.

 

REGULAMENTO XERAL

 

  1. A saída darase a carón da Casa do Concello de Paderne ás 10:30 horas para a andaina e as 11:30 horas para a carreira.
  2. Os participantes deberán situarse no punto de saída media hora antes do comezo das probas e deberán estar inscritos como máximo duas horas antes do comezo da carreira.
  3. O percorrido total será de 18 km. para a andaina e 11 km. para a carreira, os cales estarán sinalizados e controlados pola organización.
  4. A clasificación da carreira será por categorías, e haberá trofeos para os dous primeiros clasificados de cada unha delas, sendo un para masculino e outro para feminino.
  5. Os participantes, tanto da andaina como da carreira, recibirán unha camiseta conmemorativa de regalo (ata esgotar existencias).
  6. Sortearase unha viaxe dun Fin de Semana a Portugal entre todos os inscritos que completen o recorrido.
  7. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais e oficiais competentes.
  8. Está prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou vehículos de axuda. O incumplimento desta norma implicará a descalificación inmediata do participante.
  9. A carreira estará controlada polos xuices que se consideran oportunos.
  10. A inscripción poderase realizar a partir do día 17 de marzo, a través dos telefonos (988293000/ 988293025) no nº de FAX (988293025), persoalmente nas oficinas municipais do Concello de Paderne de Allariz (Lg. Rioseco, nº 7, 32111 Paderne de Allariz – Ourense) ou ben na tenda de deportes REDONET (Rúa Ervedelo, 29 baixo (Ourense). Dita inscripción rematará o venres 11 de abril. Os participantes que non poidan inscribirse do anterior modo, poderán facelo na data e no lugar de realización da proba, antes das 9:30 horas.
  1. No punto de saída entregaráselle un dorsal a cada participante dos inscritos nas probas.
  2. A entrega de trofeos terá lugar ó carón da Casa do Concello de Paderne de Allariz, ó remate da proba e no mesmo lugar haberá un aperitivo para que os participantes poidan recuperar forzas.

 

INFORMACIÓN DA PROBA

 

*   Na páxina web do concello: www.concellodepaderne.net/principal.

*  Nas oficinas do Concello de Paderne. Lg.Rioseco,7 32111 Paderne de Allariz – Ourense. Telefono 988293000.

 

COLABORAN:

Deputación de Ourense

Inorde

Redonet (DEPORTES)

willy fogg (viaxes)

 

Volver Principal